ENCONTROS CO ALCALDE “DILLO TI”

ENCONTROS CO ALCALDE “DILLO TI”

Dende a Concellería de Participación e Innovación Democrática abrimos un novo dereito para a cidadanía: unha nova canle de participación cidadá, o programa de Encontros co Alcalde e o goberno municipal: Dillo Ti. 

Trátase dunha conversa aberta e informal no que todas as persoas podedes participar trasladando ao Alcalde e aos Concelleiros e Concelleiras as vosas propostas, ideas, problemas, demandas etc.

Estas conversas son unha canle máis que abre o Concello, co obxecto de que calquera persoa poida ter un contacto directo e permanente co goberno municipal.

O primeiro destes encontros terá lugar no Centro Cívico de San Diego o sábado 30 de xaneiro, ás 12.00 h.No arquivo que remitimos xunto a este correo tedes máis información.

Os encontros iranse realizando normalmente o último sábado de cada mes nun centro cívico municipal, dende a Concellería vos iremos informando de lugares e datas.

A participación é libre para todas as persoas que desexen asistir, ben sexan deste barrio ou de calquera outro.

Para facilitar a participación, coma sempre, estará habilitado un servizo de conciliación para a atención de menores durante o tempo do encontro.

Queremos convidarvos a participar e esperamos as vosas aportacións.

Recibide un cordial saúdo.

Encontros co Alcalde “Dillo Ti”

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.