Hoy en el comedor

Hoy en el comedor

Benqueridas famílias:

Queremos comunicarvos que nos próximos días faremos unha nova xornada no menú. No noso empeño de dar a coñecer unha boa alimentación sexa cal sexa o lugar onde comamos, moitas veces facémolo sen achegarnos ó que hai detrás de cada alimento: de onde procede, cal é o traballo que supón, que residuos xerou, ou de que xeito nos beneficia.

No momento actual no que estamos, preocupados pola boa alimentación, a sostibilidade e o entorno, sabedes que desde Arume temos o compromiso de potenciar o consumo do produtos de agricultura local e de proximidade para confeccionar os menús. Queremos dar un paso máis coa introdución, no menú do día 5 de marzo, dun produto de cultivo ecolóxico. Isto quere dicir que A VERDURA coa que cociñarán ese día e a froita serán uns productos  respectuosos 100% co medio ambiente e de calidade xa que procede de cultivo ecolóxico.

O uso destes alimentos contribúe  á busca do equilibrio nutricional, reforza a conciencia da nosa comunidade, fomenta o desenvolvemento do entorno rural, e preservamos así o medio ambiente, ademais sendo ecolóxico dálle un valor engadido xa que optimiza os recursos dun xeito racional.

Acompañaremos esta xornada cunha visita, quen explicará ós cativos como se cultiva un produto destas características, que beneficios ten, o que significa que sexa ecolóxico, dese xeito saberán de primeira man a calidade do produto galego que comerán ese día.

Desexamos con isto que lles axude a saborealo doutra maneira! E reforzar a mensaxe que envolve esta xornada!

Seguro que lles encanta, educar padais tamén é a nosa misión!

Un saúdo familias

ARUME

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.