II XORNADA DE COMEDORES  ESCOLARES

II XORNADA DE COMEDORES ESCOLARES

Bos días,

Con motivo da II XORNADA DE COMEDORES  ESCOLARES organizada por ARUME estades convidados o próximo sábado 21 de abril !!!

Será no colexio dos Salesianos da Coruña en horario de 16:00 a 20:00 e haberá moitísimas actividades para que os máis pequenos o pasen en grande, e poidades coñecernos mellor.

Alí estarán algúns dos nosos provedores locais, desexando ensinar un pouco máis deles dun xeito próximo e directo, para que poidades constatar o seu compromiso, ademais de empresarial, medioambiental e social. Todos eles provedores daquí, da nos terra, con proxectos de cercanía e tamén ecolóxicos.

E para os más peques temos obradorios artesáns de como facer pan, ‘chupachups’ de bizcoito, contacontos e teatro de vexetais, xogos saudables ó aire libre… sorteos e sorpresas.

A necesidade de ter que dispoñer deste servizo para conciliar horarios de traballo e familiares, ás veces non deixan espazo para poder percibir outras sensacións que forman parte, neste caso, dos que forman todo o equipo de Arume. Persoas moi sensibilizadas coa alimentación infantil e todo o que a rodea.

Así que vos esperamos a todos neste punto de encontro que axudará a mellorar a xestión dos nosos comedores e sempre có obxectivo en mente de enriquecer as relacións e fomentar unha alimentación saudable nos nenos e nenas.

VINDE COÑECERNOS!!! ESTADES CONVIDADOS!!

 

ArumeActividades

 

IIjornadaArume

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.