Boa tarde
Para facilitar a conciliación das familias nas vacacions do Nadal, nace a organización do Campacole de Nadal “As mans do Nadal”, organizado pola Federación Provincial de ANPAS e subvencionado polo Concello da Coruña.
Os dípticos están dende hoxe pola mañán a disposición dos interesados nos Colexios que son sede, e esperamos que o Campacole sexa ben acollido polas familias e, sobre todo, moi divertido para os nenos que se inscriban.
Para calquera aclaración ou información estamos a vosa disposición.
Un saúdo
A Xunta Directiva