Este ano toca a celebración da II FESTA DAS ANPAS DA ESCOLA PÚBLICA. A festa terá lugar no Albergue de Gandarío o día 12 de maio.
Mais ou menos a organización é como o ano pasado (non hai porque cambiar o que funcionou ben, como veredes nas normas de organización que xuntamos). O que sí queremos mellorar é a participación dos maiores, pretendemos facer unha xornada de convivencia entre os asociados das ANPAS, as xuntas directivas, AS FAMILIAS, unha xornada de participación que sirva para coñecernos, xogar, bailar, comer xuntos. Pedímosvos que interactuemos cos nosos fillos e fillas e cos monitores, que se encargarán de facer as actividades que vedes abaixo.
Este ano como novidades incorporamos un torneo de futbol 7 con equipos mixtos (cada ANPA pode inscribir os que consiga facer) formados por 4 pais/nais e 4 nenos/as cada un deles.
E como non, non pode faltar unha Foliada na que pode participar calquera que saiba tocar un instrumento e que estea disposto a tráelo para bailar todos unhas repichocas.
Se queredes asistir é preciso que mandedes un mail cos nomes dos asistentes e se ademáis vades a participar en calquera destas dúas actividades é preciso, por razóns de organización previa, que o fagades constar no email.
O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O DÍA 25 DE ABRIL.
TEMPORALIZACIÓN:
- 10:00–10:45 : CHEGADA AO ALBERGUE: RECEPCIÓN DAS FAMILIAS.
- 11:00–14:00: REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DA PROPOSTA LÚDICA/DEPORTIVA
- TORNEO DE FUTBOL EN FAMILIA (por ANPAS)
- 14:00 – 15:30: XANTAR
HORARIO DE TARDE:
- CAPOEIRA EN FAMILIA
- TROTAMÚSICOS
- XOGOS MUSICAIS – ZUMBA
- 17:30 – 18:00 FESTA DA ESCUMA
- 18:00: DESPEDIDA E PECHE DA XORNADA