Estimadas familias:
O pasado venres día 10 de xullo publicáronse os listados definitivos e complementarios de adxudicatarios do Fondo Solidario de Libros da Xunta de Galicia. Aquelas familias que precisen consultar ou informarse sobre a súa solicitude, poden escribir ao correo electrónico do centro ceip.concepcion.arenal@edu.xunta.es, ou chamar aos teléfonos do centro 881880066 ou 881880064, que estarán operativos durante o mes de xullo.
Os datos daránse coa preceptiva identificación da persoa que solicite a información.
Banco de libros da ANPA.
Aos beneficiarios do Banco de libros da ANPA comunicaráselles por correo electrónico a relación de libros en préstamo para o vindeiro curso.