Estimadas familias,
Desde a ANPA O Trisquel queremos mellorar a nosa comunicación con vós, na procura de poder proporcionarvos unha mellor información sobre todo aquelo relativo aos servizos e/ou actividades organizadas pola ANPA.
Con este obxectivo, queremos crear un grupo unidireccional de Telegram para reforzar a nosa comunicación coas familias.
Achegámosvos un documento de autorización para que podamos facer uso dos vosos números de teléfono como medio de contacto para esta finalidade informativa, respectando a normativa en materia de Protección de Datos.
Precisamos que nolo fagades chegar asinado o antes posible ao noso enderezo electrónico:
Se o preferides, tamén podedes deixalo impreso no buzón da ANPA no centro ou ben entregalo no noso local dentro do noso horario de atención ao público (luns de 17:30 a 18:30h. ou xoves de 9:15 a 10:15h.)
Un saúdo afectuoso,
ANPA O Trisquel