En relación á situación actual na que se atopan as aulas do invernadoiro, desde o ANPA O Trisquel entendemos a inquedanza que nos trasladades as familias e queremos informarvos de que fixemos unha proposta á Dirección do centro para procurar aportar unha pequena axuda temporal, mentres non se soluciona o problema de ventilación existente. Esta axuda consistía na adquisición pola nosa parte de tres unidades de purificadores de aire, dotados de filtro HEPA e cumprindo cos estándares recomendados para ditos equipos. Solicitamos o permiso do equipo directivo do centro para poder facer uso deles nesas tres aulas e agradeceron a proposta, agora ben como equipo directivo non teñen facultade nin para propor nin para autorizarnos a instalación de sistemas de ventilación. Informáronnos tamén de que a Consellería quere resolver definitivamente este problema e comprometéronse a consultar a nosa proposta coa Unidade Técnica da Xefatura Territorial da Coruña, quen ten a competencia para autorizar ditas demandas.
Como representantes das nais e dos pais, manterémosvos informados de calquera novidade que poidamos recibir por parte da dirección do noso centro.