Nota extraescolares

Nota extraescolares

Estimadas familias:

A ANPA O TRISQUEL, en colaboración co centro, ten a intención de ofertar unha serie de actividades extraescolares para o segundo e terceiro trimestres deste curso 2020-2021, en horarios de 16.00h a 17.00h e de 17.00h a 18.00h no propio centro. Estas actividades están incluidas na proposta integral de lecer educativo da Federación Provincial de ANPAS para o curso 2020-2021 enmarcada nun convenio de colaboración co Concello de A Coruña. As actividades extraescolares estarán impartidas por monitores/educadores contratados pola Federación Provincial de ANPAS.

En anos anteriores no noso colexio, ofertábase un amplio abanico de actividades extraescolares que se impartían pola citada Federación e outras empresas. Sen embargo, dada a situación actual de pandemia na que nos atopamos, existen numerosas circunstancias restrictivas, relacionadas directamente con esta situación que nos impiden ofertar un gran número de actividades.  Algunhas destas circunstancias veñen establecidas nos Protocolos relacionados coa COVID-19: obrigatoriedade de manter os grupos de convivencia sen que o alumnado poida xuntarse, medidas de hixiene, limpeza, etc. E no noso colexio temos, ademáis, un problema importante de espazos libres, posto que este curso polas tardes tanto o pavillón como o patio cuberto son utilizados polo IES Fernando Wirtz polo que practicamente non podemos ofertar actividades extraescolares de tipo deportivo (soamente se ofertarán Xogos rítmicos, Ritmo e Baile Moderno).

As actividades extraescolares que se describen segundo o programa da Federación Provincial de ANPAS serán as seguintes:

 

Actividades para o alumnado de Educación Infantil (EN AMARELO):

  • Xogos rítmicos.
  • Eureka! Ciencia Divertida: Descubrir a ciencia dunha maneira lúdica e divertida, a través da experimentación e a observación directa do mundo que nos rodea, fomentando a creatividade e o pensamento crítico.
  • Colorín Colorado (Contacontos): Actividade de contacontos que fomenta o gusto pola lectura á vez que potencia a imaxinación, curiosidade e a creatividade introducíndoos noutros mundos: reais ou fantásticos. Os contos, historias ou poemas permitirán expresarnos oral e corporalmente, inventando e recreando novos contos e personaxes, apropiándonos das palabras e desenvolvendo así valores estéticos e éticos.
  • Recuncho verde. Reciclaxe e Medio Ambiente: Actividades recreativas con material de refugallo que ten como protagonista a reciclaxe para tomar conciencia sobre o coidado e conservación do medio ambiente.
  • Non se inclúe na oferta do programa da Federación a actividade English Lab para Educación Infantil.

 

Actividades para o alumnado de 1º, 2º e 3º curso de Educación Primaria (EN VERDE):

  • English Lab: actividade en inglés que busca fomentar o coñecemento deste idioma nun contexto lúdico.
  • R que R. Reciclaxe e Medio Ambiente: Actividade recreativa con materiais de refugallo (coma madeira, metal, plástico, pedras, teas, entre outros) que ten coma protagonista a reciclaxe para tomar conciencia sobre o coidado, limpeza e conservación do medio ambiente e a nosa contorna máis inmediata. A posta en práctica das 3 R (Reducir, Reutilizar e Reciclar) e a importancia de separar os lixos, serán os eixos principais desta proposta.
  • Deseño de Seu. Expresión Plástica e Creatividade: Con materiais reciclables e os propios das manualidades como a goma eva, gummy, feltro, etc, realizarán diferentes producións útiles e ademáis decorarán os seus propios recunchos favoritos. Aprenderán a deseñar os seus propios complementos e labores de artesanía a través de diferentes técnicas como macramé, costura, trenzado ou estampaxe.

 

Actividades para o alumnado de 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria (EN AZUL):

  • Baile moderno.
  • English Lab.
  • Recrearte. Expresión Plástica e Creatividade: Coñecer diferentes materiais como feltro, gummy, lá, papel, materiais reutilizados, etc, empregando para iso técnicas como coser, colaxe, estampación, encadernación, etc, para realizar diversas manualidades dando como sempre un espazo a creatividade individual. O obxectivo é potenciar o sentido artístico, a imaxinación e a autonomía e a diversidade de intereses valorando á vez as producións dos compañeiros.
  • Escola de Maxia. Ciencia e Maxia: Espertar o interese pola ciencia dunha maneira lúdica e apaixonante como é a maxia, desenvolvendo habilidades mentais e corporais. Aplicar a base do método científico en diferentes procesos, propiciando así unha aprendizaxe significativa do mundo que lles rodea. Resolver problemas de maneira sinxela, crear enigmas, elaborar e ensaiar trucos de maxia, tamén desenvolverá ao máximo a creatividade e imaxinación.

 

Actividades dos Venres. Proxectos: É unha actividade na que partindo dun centro de interese ou tema motivador e baixo a metodoloxía de “traballo por proxectos”, desenvolveranse diferentes actividades multidisciplinares nas que os verdadeiros protagonistas serán os menos e nenas xerando a súa propia aprendizaxe a través da indagación/investigación e experimentación, fomentando á vez o espírito crítico e o traballo en grupo. A temática para cada trimestre e grupo de idade sería o seguinte:

INFANTIL PRIMARIA (1º, 2º E 3º) PRIMARIA (4º, 5º E 6º)
2º TRIMESTRE O Meu Universo Artistas Urbanos Inventos Da Vinci
3º TRIMESTRE Planeta Feliz Un Paseo Pola Música Crunia de Lenda

 

COTAS TRIMESTRAIS A ABOAR:

Aboaranse 2 cotas nos seguintes periodos:

  • Periodo Xaneiro – Marzo: 15 euros por participante e actividade.
  • Periodo Abril – Maio: 10 euros por participante e actividade.

No caso de Proxectos as cotas serán:

  • Periodo Xaneiro – Marzo: 18 euros por participante e proxecto.
  • Periodo Abril – Maio: 12 euros por participante e proxecto.
  • Neste caso de actividades de Proxectos, as cotas inclúen saídas culturais a espazos ou entidades da cidade ou visitas de persoas de referencia, segundo o proxecto, ao propio centro.

No caso de English Lab as cotas serán:

  • Periodo Xaneiro – Marzo: 45 euros por participante e actividade.
  • Periodo Abril – Maio: 30 euros por participante e actividade.

Todos os escolares inscritos aboarán unha única cota anual de 4 euros en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todas as actividades de lecer xestionadas pola Federación de ANPAS para o curso 2020/2021.

 

PRAZOS E LUGAR DE INSCRICIÓN:

Do 3 ao 13 de decembro de 2020.

A inscrición farase en liña na web http://www.fedapascoruna.org/inscripciones

 

QUEREMOS RECORDAR QUE PARA INSCRIBIRSE NOS SERVIZOS QUE XESTIONA A ANPA DEBEDES SER SOCIOS DA MESMA. Se non o sodes, hai que cubrir todos os impresos correspondentes (para as extraescolares sería alta de socio, autorización de recollida do alumno/a e autorización para saír só do colexio, no seu caso) e pagar a cota anual de 15 euros por familia máis 5 euros polo seguro de cada alumno/a. Os impresos pódense recoller no local e no tablón da ANPA ou descargalos do blog.

 

Descarga cuadro de horario

 

Saúdos.

ANPA O Trisquel.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.