Estimadas familias,
hoxe luns 18 de xaneiro, darán comezo no noso CEIP as actividades extraescolares da Federación Provincial de ANPAs. Debido a cuestións administrativas e outras derivadas dos protocolos COVID-19, non foi posible inicialas antes.
Conforme ás inscripcións realizadas, os grupos que empezarán a partir deste luns 18 son os seguintes:
ACTIVIDADE | HORARIO |
XOGOS RÍTMICOS (Grupo de infantil) | Luns e Mércores de 16:00 a 17:00 |
COLORÍN COLORADO (Grupo de infantil) | Luns e Mércores de 17:00 a 18:00 |
EUREKA (Grupo de infantil) | Martes e Xoves de 16:00 a 17:00 |
ENGLISH LAB (1º a 3º Ed. Primaria) | Luns e Mércores de 16:00 a 17:00 |
Para as actividades, seguirase o protocolo de acceso ao centro que se está a realizar este curso:
Educación Infantil: Portalón da Rúa Castro Chané, podendo acceder unha soa persoa (pai/nai/titor/autorizado).
1º e 2º de Primaria: Portalón da Rúa Castro Chané.
De 3º a 6º de Primaria: Portalón da Rúa Perpetuo Socorro.
O resto de actividades ofertadas, de momento, non poderán comezar, pois non se alcanzou o número mínimo de inscritos para formar grupo (6 escolares).
Por se algunha familia decidise inscribirse, realizar alguna modificacións ou darse de baixa, hai que poñerse en contacto con inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org ou no teléfono 649055939.
Para máis información sobre as actividades ofertadas, consultar aquí.
En caso de que aumente o número de solicitudes, notificarase coa maior brevidade aos interesados a posible formación dun novo grupo e o seu inicio.
Un saúdo,
a Xunta Directiva.