Actualización da información das aulas da galería de  infantil

Actualización da información das aulas da galería de infantil

Estimadas familias,

En resposta ás vosas consultas sobre a situación actual na que se atopan as aulas da galería de

infantil, queremos trasladarvos a seguinte información:

A mediados do mes marzo desde a dirección do centro comentóusenos que a obra para a

instalación do sistema de reciclaxe e purificación do aire das aulas da galería estaba finalizada

e en probas e así informamos delo na asemblea de socios que se celebrou vía zoom o día 17 de

marzo. Podedes consultar a acta de dita asemblea para máis información.

Fai uns días preguntamos novamente á dirección pola situación actual e contestáronos que

esta semana estivo o arquitecto da Consellería comprobando cos técnicos o funcionamento do

sistema e que está todo listo e funcionando.

Un saúdo,

A Xunta directiva

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.