Prezadas familias,
Informámosvos de que xa dispoñemos da axuda económica que a Xunta de Galicia concede ás
ANPAS que o solicitan para cofinanciar o servizo do comedor escolar.
Todos os socios e socias da ANPA que o curso pasado foron usuarios e usuarias do comedor da
escola e estean ao corrente dos pagos, poden retirar o cheque nominativo co importe que lles
corresponde no local da ANPA (pai/nai/titor/a ou autorización asinada). Estaremos á vosa
disposición para esta fin no seguinte horario:
– Do luns 19 ao xoves 22 de abril de 9:20 a 10:20 h. e de 17:30 a 18:30h.
– Venres 23 de abril de 9:20 a 10:20 h.
Todos aqueles que non pasen retirar esta axuda dentro do prazo indicado, entenderase que
renuncian voluntariamente á mesma. Como resultado, o remanente será empregado pola
ANPA para a xestión da asociación.
Esta axuda non está destinada aos seguintes casos do curso 2019/20:
– Usuarios e usuarias do servizo de Madrugadores
– Subvencionados por outras Administracións Públicas (becados)
– Alumnos/as con cuotas impagadas de Comedor ou ANPA
– Non socios/as da ANPA
Un saúdo,
A Xunta directiva