Prezadas familias:
Queremos informarvos que o pasado 17 de marzo do 2021, na asemblea extraordinaria de socias e socios quedou aprobada a formación da nova
Xunta Directiva.
En primeiro lugar, gustaríanos dar as gracias polo inmenso traballo e dedicación ao presidente, vicepresidenta e secretaria que deixaron esta
formación, recentemente. Queremos tamén dar a benvida e agradecemento pola súa disposición as novas incorporacións.
Formamos a nova Xunta Directiva para o presente curso 2020-2021 e o vindeiro 2021-2022:
Presidenta: María Luz Veira Rodríguez
Vicepresidenta e representante no Consello Escolar: María Valle Galdo
Secretaria: Iria Llorca Loureiro
Tesoureira: María Pizarro Prada
Vogal: Ana Juarranz Fraile
Vogal: Jorge Bajo Lema