Estimadas familias,
queremos trasladarvos a seguinte información sobre o programa Cóxegas:
-
Amplíase o prazo de inscrición ata o día 19 de maio de 2021. Inscrición online na seguinte ligazón: http://www.fedapascoruna.org/inscripciones.
-
Para os alumnos beneficiarios das bolsas do comedor, o programa será de balde.
-
Existirá a posibilidade de flexibilizar o horario de saída se algunha familia precisa que o alumno saia ás 17h. en lugar de ás 18h.
-
Os alumnos que asistan ao comedor enlazarán directamente coas actividades da tarde de Cóxegas. Unha vez finalicen a súa comida, permanecerán cos monitores do comedor ata ás 16h., momento no que pasarán a cargo dos monitores de Cóxegas.
Un saúdo,
A Xunta directiva