Warning: Declaration of subscribe2_widget::addPluginSubMenu() should be compatible with mijnpress_plugin_framework::addPluginSubMenu($title, $function, $file, $capability = 10, $where = 'plugins.ph...') in /home/trisquel/public_html/wp-content/plugins/subscribe2-widget/subscribe2-widget.php on line 18

Warning: Declaration of subscribe2_widget::addPluginContent($links, $file) should be compatible with mijnpress_plugin_framework::addPluginContent($filename, $links, $file, $config_url = NULL) in /home/trisquel/public_html/wp-content/plugins/subscribe2-widget/subscribe2-widget.php on line 18
Actividades extraescolares 21/22 | ANPA O Trisquel
Actividades extraescolares 21/22

Actividades extraescolares 21/22

Estimadas familias:

Dende a A ANPA O TRISQUEL queremos, en primeiro lugar, pedirvos disculpas pola tardanza na oferta das actividades extraescolares para o presente curso 2021-2022. Dende comezos do mes de setembro puxémonos en contacto coa directiva do noso centro para a coordinación deste servizo de conciliación familiar, pero a pesares da súa boa disposición, tivemos que agardar a confirmación do IES Fernando Wirtz para o uso dos espazos exteriores. O venres 17 de setembro comunicóusenos a boa nova de que, a diferencia do pasado curso, nesta ocasión teremos a nosa disposición o patio cuberto, para a realización de actividades deportivas durante todos os días da semana.

Polo tanto, a partir do mes de outubro comezaremos a ofertar as actividades extraescolares, en horarios de 16.00h a 17.00h e de 17.00h a 18.00h, dentro das instalación do noso centro. Estas actividades están incluidas na proposta integral de lecer educativo da Federación Provincial de ANPAS para o curso 2021-2022 enmarcada nun convenio de colaboración co Concello de A Coruña. As actividades extraescolares estarán impartidas por monitores/educadores contratados pola Federación Provincial de ANPAS.

En anos anteriores na nosa escola, ofertábase un amplio abanico de actividades extraescolares que se impartían pola citada Federación e outras empresas da contorna. Sen embargo, dada a situación actual de pandemia na que nos atopamos, existen numerosas circunstancias restrictivas, que nos impiden ofertar un gran número de actividades. Algunhas delas veñen establecidas nos Protocolos relacionados coa COVID-19: obrigatoriedade de manter os grupos de convivencia sen que o alumnado poida xuntarse, medidas de hixiene, limpeza, etc.

Tendo en conta todas estas restriccións e os espazos cedidos polo centro, as actividades que poderemos ofertar o longo do curso 2021-2022 serán as seguintes:

Para máis información sobre os contidos de cada actividade adxuntamos o seguinte documento facilitado pola Federación Provincial de ANPAS:

DESTINATARIOS:

Poderán inscribirse en calqueira destas actividades todas as nenas e nenos do noso centro que estén dados de alta como socias da ANPA.

Ademais, queremos lembrarvos que as persoas usuarias do servizo de comedor enlazarán directamente coas actividades extraescolares.

PERÍODO DE REALIZACIÓN:

Do 1 de outubro de 2021 ao 31 de maio de 2022.

COTAS TRIMESTRAIS A ABOAR:

Aboaranse 3 cotas ao longo do curso 21/22 nos seguintes períodos:

TODAS AS ACTIVIDADES AGÁS PROXECTOS E IDIOMAS:

  • Período outubro-decembro: 15€ por participante e actividade.
  • Período xaneiro-marzo: 15€por participante e actividade.
  • Período abril-maio: 10€ por participante e actividade.

PROXECTOS:

  • Período octubre-decembro: 18€ por participante e Proxecto.
  • Período xaneiro-marzo: 18€ por participante e Proxecto.
  • Período abril-maio: 12€ por participante e Proxecto.

IDIOMAS:

  • Período outubro-decembro: 45€ por participante.
  • Período xaneiro-marzo: 45€ por participante.
  • Período abril-maio: 30€ por participante.

Ademais, todos os escolares inscritos aboarán una única cota anual de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todas as actividades de lecer xestionadas pola Federación de Anpas para o curso 21/22.

Lembrade que as persoas beneficiarias da Beca Comedor do Concello están exentos do pago das cuotas.

PRAZOS E LUGAR DE INSCRICIÓN:

Os prazos para a inscripción serán do 18 a 22 de setembro de 2021, ambos inclusive.

A inscrición farase en liña na web http://app.fedapascoruna.org/inscripcioncurso/2021

Por último lembrarvos que para todas as persoas que aínda non sodes socios da ANPA, podedes darvos de alta facendo entrega dos impresos correspondentes (para as extraescolares sería alta de socio, autorización de recollida do alumno/a e autorización para saír só do colexio, no seu caso) e pagar a cota anual de 15€ por familia máis 5€ polo seguro de cada alumno/a. Os impresos pódense recoller no local e no tablón da ANPA ou descargalos do blog. Unha vez cubertos podes mandalos ao noso correo electrónico anpa@anpaotrisquel.es ou despositalos no buzón do noso local.

Saúdos.

ANPA O Trisquel.

3 comentarios

  1. Estamos intentando darnos de alta con el enlace que ponéis para las extraescolares. Parece sencilla y rápida, pero en todos los dispositivos que tenemos en casa nos pone claramente que la conexión no es segura. Nos parece que para meter los datos bancarios y todos nuestros datos personales, al menos debería aparecer el candado en el URL.

    ¿Existe otra forma de hacer el pago?

    Nos parece raro, siendo además una web hospedada por el Concello.

    Jorge
    1. Efectivamente, parece que es un tema del protocolo que utiliza, usa http en vez del https que se requeriría en este caso. Trasladamos el problema a la FEDAPAS que son los titulares del servicio, informaremos con la respuesta que nos den.

      Un saludo,

      ANPA O TRISQUEL

Los comentarios están cerrados.