Campaña de natación escolar 2021-2022

Campaña de natación escolar 2021-2022

O Servizo municipal de Deportes infórmanos que volve poñer en marcha a Campaña de Natación Escolar dirixida, como sempre, aos escolares de 2º ciclo de Educación Primaria (3º e 4º curso EP). Achegamos adxunta a seguinte información relativa a este programa que, este ano, xestionará directamente a área de Deportes do Concello da Coruña:

  • Condicións da oferta, nas que entre outras se especifica os horarios da actividade, o número de prazas ofertadas, piscina de referencia e condicións e obrigas por parte do centro.
  • Carta presentación da Concelleira, con teléfono de información para aclaración de dúbidas.
  • Dípticos para as inscricións. O díptico, deberá ser entregado pola familia, na ventanilla da piscina municipal onde abonará a taxa correspondente.
  • Información e recomendacións ás familias.
  • Protocolo Covid-19.

Lembrar que a data límite para a inscrición é o 8 de novembro e o comezo da actividade será o 15 de novembro.

NOTA IMPORTANTE: Os pais/nais ou titores/as ou adultos autorizados polos mesmos serán os responsables dos nenos/as desde que saen da escola, onde teñen que recollelos, ata que suben ao autobús que os leva á piscina. Así mesmo, serán os responsables de recollelos á volta da mesma na parada do autobús. A tal efecto, deberán autorizar á persoa que os recolle cubrindo o impreso de autorización de recollida facilitado desde a ANPA.

Un saúdo,

A Xunta directiva

.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.