Eleccións Consello Escolar

Eleccións Consello Escolar

Estimadas familias:

Este ano celébranse eleccións de renovación parcial dos membros do Consello Escolar. No caso dos representantes de pais, nais ou titores legais do alumnado, haberá que renovar a 1 representante.

O Consello Escolar é o órgano de participación no control e xestión do Centro dos distintos sectores que constitúen a comunidade educativa. Por iso, queremos animarvos a que participedes presentando as vosas candidaturas, xa que é moi importante que os pais, nais e titores legais dos alumnos estean debidamente representados no Consello Escolar.

Data límite de presentación de candidaturas: 12 de NOVEMBRO ata as 14.00h. O modelo de candidatura facilitarase na Secretaría do Colexio.

Campaña Electoral: Dende o 13 ao 20 de novembro, ambos días inclusive.

Votacións: Luns 22 de Novembro de 17.00h a 20.00h.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.