Estimadas familias:
Dende a Anpa O Trisquel queremos comunicarvos que, debido a situación sanitaria actual, vímonos na obriga de cancelar o espectáculo de maxia que ía ter lugar o martes 21 de decembro, como celebración das festas do Nadal. Agardamos que a situación mellore para poder compartir con todas as vosas fillas e fillos un día de maxia e diversión.
Nos vindeiros días, cada neno e nena usuarias dos servizos ofertados pola ANPA, recibirá un agasallo de nadal, que será entregado polo persoal do comedor e das extraescolares.
Boas festas!
Saúdos,
A Xunta Directiva.
Unha pena que volvamos a estar así. Pero moitas gracias por organizalo, aínda que se tivera que anular. Gracias por explicarnos e gracias polas gafas, tan educativas.