Warning: Declaration of subscribe2_widget::addPluginSubMenu() should be compatible with mijnpress_plugin_framework::addPluginSubMenu($title, $function, $file, $capability = 10, $where = 'plugins.ph...') in /home/trisquel/public_html/wp-content/plugins/subscribe2-widget/subscribe2-widget.php on line 18

Warning: Declaration of subscribe2_widget::addPluginContent($links, $file) should be compatible with mijnpress_plugin_framework::addPluginContent($filename, $links, $file, $config_url = NULL) in /home/trisquel/public_html/wp-content/plugins/subscribe2-widget/subscribe2-widget.php on line 18
Renovación da Xunta Directiva da Anpa
Renovación da Xunta Directiva da Anpa

Renovación da Xunta Directiva da Anpa

Prezadas familias,


Informámosvos de que na asemblea extraordinaria de socios, celebrada o pasado mércores 16 de marzo, non se acadou o mínimo de cinco persoas necesario para constituír unha nova Xunta Directiva para os cursos 2022/2023 e 2023/2024.

Lembrámosvos que os membros da Xunta Directiva actual finalizaremos o noso mandato á fin deste curso e non imos continuar nos cargos.


Sen relevo para a ANPA, quedaremos sen servizo de madrugadores, extraescolares, banco de libros, cambiadores e custodia mediodía. En canto á xestión do comedor, dende o Servizo de Xestión dos Comedores Escolares da Consellería de Educación informáronnos que habería que solicitala por escrito á Xefatura Territorial para que fixeran unha avaliación e informe e despois a Secretaría Xeral faría un estudo económico de viabilidade. En resumo, é posible que haxa comedor pero non está asegurado e claramente se verían reducidas as prazas das que facemos uso actualmente moitas familias do centro.


Tampouco se levaría a cabo ningún evento de tipo lúdico no Nadal, entroido e fin de curso, coma os que se realizaban antes da pandemia. Nin se organizaría a excursión de fin de curso para 6º.


Solicitamos o voso apoio e implicación coma socios e socias da ANPA para constituír unha nova Xunta Directiva que dea relevo á actual a partir de xuño do 2022.


As persoas interesadas en colaborar para poder manter todos estes servizos formando parte da nova Xunta Directiva, podedes poñervos en contacto con nós por correo electrónico anpa@anpaotrisquel.es ou ben por teléfono chamando ao 671 589 008 antes do 31 de marzo.


Dende a Xunta Directiva actual comprometémonos a dar formación e apoio no que sexa preciso mentres se realiza o traspaso de cargos.


Seguiremos informándovos a través do noso blog www.anpaotrisquel.es

Un saúdo,
A Xunta directiva

Un comentario

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.