Campamento de verán – Summer Talk

Campamento de verán – Summer Talk

A Federación Provincial de ANPAs organiza novamente os campamentos de verán Summer Talk dirixidos a escolares matriculados nos cursos 4º a 6º Primaria e 1º a 4º ESO en centros públicos do Concello da Coruña no actual curso 21/22.

A Preinscrición será os días 23, 24 e 25 de maio de 2022

SUMMER TALK 

DESCRICIÓN

Programa de actividades de dinamización para a mellora da expresión e  comprensión oral da lingua inglesa.

As actividades realizaranse a través de propostas lúdicas de carácter multidisciplinar, combinando aulas, recintos ao cuberto e ao aire libre, para potenciar o desenvolvemento da capacidade de escoita comprensiva e a expresión oral en inglés.

Os contidos definiranse atendendo tanto aos correspondentes ao nivel educativo do alumnado como aos demandados na parte oral dos principais exames de nivel Starters, Movers, B1 y B2. 

Usaranse diferentes ferramentas atractivas tendo en conta as idades dos participantes e os seus intereses: música, teatro, cine, deporte, literatura, audiovisuais…, adaptadas ao seu contexto diario, empregando tanto medios materiais como dixitais. 

En cada quenda, un dos días adicarase a unha saída a pé, dentro do horario da actividade.

DESTINATARIOS

Escolares matriculados nos cursos 4º a 6º Primaria e 1º a 4º ESO en centros públicos do Concello da Coruña no actual curso 21/22.

SEDES

  •  4º a 6º EP: 

      * CEIP María Barbeito

      * CEIP San Francisco Xabier

  • ESO: IES Menéndez Pidal

PRAZAS

15 prazas por grupo e quenda en E. Primaria, 15 prazas por grupo e quenda na ESO.

QUENDAS

1ª Quenda: do 27/6 a 1/7

2ª Quenda: do 4/7 ao 8/7

3ª Quenda: do 11/7 ao 15/7

4ª Quenda: do 18/7 ao 22/7

5ª Quenda: do 26/7 ao 29/7

HORARIO

 De 10:00 h. a  14:00 h.

GRUPOS

4º-5º-6º E.PRIMARIA

1º – 2º ESO

3º – 4º ESO

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

A adxudicación de prazas farase por orde de inscrición, seguindo estes criterios de preferencia: 

1º. O primeiro día de inscrición, os escolares matriculados no centro sede. 

2º. O segundo e seguintes días de inscrición, os usuarios das actividades extraescolares da FANPA no curso 21/22, con independencia do centro orixe. A continuación o resto de solicitantes da actividade.

COTA

20 €por escolar e quenda(*)

4€ por seguro de accidentes(**)

*Estarán exentos da  cota os escolares que cumpran os requisitos de participación e fosen beneficiarios de beca comedor neste curso 2021/22.

**Estarán exentos do pago do seguro de accidentes aqueles solicitantes matriculados en calquera programa ofertado pola Federación de ANPAS no curso 2021/22 (“Cóxegas”, “Deporte no Centro”, “Arte e Cultura no Centro”, “English Lab” ou “On Parle”).

INSCRICIÓN

Preinscrición: 23, 24 e 25 de maio de 2022 na seguinte ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones

MÁIS INFORMACIÓN

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.