Estimadas familias:
A empresa ARUME comunicou que xa está operativa a APP Cole Chef para que poidades dar de alta aos alumnos/as nos servizos que ofrece: comedor, madrugadores, cambiadores e custodia mediodía para o vindeiro curso 2022-2023.
Na pantalla inicial (nome do alumno/a), pinchades en “Mis gestiones – Contratación anual” e tedes os servizos ofertados nas distintas modalidades de fixo e esporádico. Marcades “Modificar” e deixa cambiar a fecha de inicio e marcar os días a contratar.
Para calqueira dúbida tedes información na folla de ARUME que entregamos coas circulares en xuño para as altas e renovacións de socios/as da ANPA e que se adxunta tamén a esta nota informativa. Na mesma tedes tamén os prezos.
Queremos destacar que a ANPA non xestiona a Aplicación Cole Chef, polo que respecto a dúbidas do seu funcionamento será necesario que contactedes con ARUME a través dos seguintes medios:
- Correo electrónico de ARUME de dúbidas relacionadas coa APP Cole Chef: soporteapp@colechef.com
- Teléfono de ARUME para a atención ás familias al 986-45-30-40 y 630 363 844 (No WhatsApp).
- Correo electrónico de ARUME de dúbidas relacionadas cos servizos que prestan info@arumeservicios.gal
MOI IMPORTANTE PARA TODO O VINDEIRO CURSO:
Recordade que debedes realizar as altas, modificacións e baixas nos diferentes servizos a través da Aplicación Cole Chef ANTES DO DÍA 25 DO MES ANTERIOR, para que a empresa ARUME poida xestionalas e telas en conta.
Existirá a posibilidade de comunicar o día anterior ANTES DAS 18.00 horas, a través da Aplicación Colechef, a ausencia no comedor e/ou madrugadores para que non se realice o cobro por ese día no que non se vai a asistir.
ARUME procederá ao cobro por días efectivos utilizados de comedor e/ou madrugadores, polo que haberá mensualidades con distintos importes, según os días lectivos do mes en concreto, pero, globalmente, para todo o curso, resulta un precio practicamente igual ao que había ata agora.
Ademáis, recordamos que no vindeiro curso haberá un novo servizo que prestará ARUME de custodia para despois do comedor, polo que os alumnos/as poderán permanecer no centro ao coidado dos monitores de ARUME ata as 16.30 horas. Para que este servizo poida levarse a cabo deberá haber un mínimo de 10 usuarios.
Un saúdo
ANPA O Trisquel