ESPECTÁCULO DE MAXIA DE FIN DE CURSO

ESPECTÁCULO DE MAXIA DE FIN DE CURSO

Prezadas familias:

Dende a Anpa O Trisquel informámosvos de que hoxe a partir das 13.00 estarán colgadas no taboleiro de anuncios da ANPA as listas definitivas de cada quenda para a actuación do mago que terá lugar o vindeiro mércores 22 de xuño.

Tivemos que facer algún reaxuste nos horarios solicitados para poder cumprir coa limitación do aforo. Esperamos que todas as nenas e nenos poidan vir e difrutar do espectáculo. Lembrámosvos que so poderán ser acompañados dun adulto.

Pedimos tamén que aquelas personas que non son socias poidan traer a cantidade exacta a pagar para poder axilizar a entrada ao espectáculo.

Sentimos non poder acoller as persoas que se inscribiron fora de prazo e agardamos que en vindeiras ocasións xa se poidan levar a cabo festividades sen restriccións.

Moitas grazas,

Agardamos que vos guste.

Saúdos,

A Xunta Directiva

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.