Festa de Fin de Curso 2021 / 22

Festa de Fin de Curso 2021 / 22

Prezadas familias:

Dende a Anpa O Trisquel temos o pracer de convidar a todas as familias socias a nosa festa de fin curso, que terá lugar no patio exterior do centro o vindeiro mércores 22 de xuño segundo as seguintes quendas:

  • As 16.00: Infantil
  • As 17.00: 1°, 2°, 3° de primaria
  • As 18.00: 4°, 5°, 6° de primaria

As prazas son limitadas polo que é necesario inscribirse nunha lista que estará no tablón de anuncios da Anpa, ao lado da porta principal da escola. O prazo aberto será do martes 7 ao mércores 15 de xuño.

Para as socias e socios a entrada será gratuida e para o resto cobrarase 3€ por persoa.

A entrada e saída de todas as quendas será pola rúa Perpetuo Socorro e todas as nenas e nenos terán que ir compañadas dun adulto responsable.

Por último, lembrarvos que as actividades de Cóxegas rematan o martes 21 e, polo tanto, todo o alumnado deberá ser recollido despois do comedor no seu horario establecido.
Agardamos que vos guste.

Saúdos,
A Xunta Directiva

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.