LISTAXE PROVISIONAL BOLSA COMEDOR DO CONCELLO DA CORUÑA 2022/23
Xa están publicadas na web do Concello da Coruña as listaxes provisionais de concesións, denegacións e puntuación outorgada das bolsas comedor para o vindeiro curso escolar. A convocatoria 2022-2023 é a edición na que máis solicitudes se concederon: un total de 2759 das case 4000 que se solicitaron, un número que tamén foi o máis alto ata a data.