FESTA ENTROIDO 2023

FESTA ENTROIDO 2023

Queridas familias:
Temos o pracer de comunicarvos que o venres 17 de febreiro celebraremos unha festa para celebrar o entroido de 16:00 a 18:00 horas.
Todos os socios da ANPA están convidados á festa (remitirémosvos unha entrada o día 15 cun código persoal que deberá mostrar na entrada do recinto, ben no móbil ou ben imprimilo en papel), podendo acceder os non socios. mediante a compra dunha entrada a 5 euros por familia.
Durante a festa celebrarase un concurso de disfraces, con premios para:
Categoría Infantil: Primeiro e segundo premio.
Categoría primaria: Primeiro e segundo premio, e tamén incluímos un colectivo (para grupos que queiran participar todos xuntos)
Desfrutaremos dun baile e xogos con música para todas as idades.
Tamén haberá dous concursos: Máscaras e caretas de Entroido, podendo participar todo o alumnado do centro. Entregaranse nun buzón que deixaremos na entrada do colexio nunha caixa habilitada para el. O prazo de entrega será do 1 ao 16 de febreiro. IMPORTANTE: escribir nome completo e curso no reverso.
Concederanse 2 por cada categoría, infantil e primaria.
O alumnado de sexto prepararanos unha deliciosa merenda para recadar fondos para a súa excursión.
Tamén podes facer unha foto impresa nun photocall e se queres participar nun sorteo de agasallos moi especiais!!!
Todos os nenos deberán ir acompañados dun adulto, por razóns de aforo, non asistirán máis de 2 adultos por neno.
A entrada realizarase pola rúa Perpetuo Socorro de 15.50 a 16.15 horas. Os nenos que acudan ao comedor deben ser recollidos previamente polos pais, non poden ir directamente dende o comedor á festa.
O día da festa non haberá actividades extraescolares, os nenos que non acudan a ela deberán ser recollidos despois do colexio ou no comedor.
E, por último, poderíamos usar un pouco de axuda extra para a festa, estás preparado? Se é así, envíanos un correo electrónico e porémonos en contacto.

NOTA:
A porta principal estará pechada a partir das 16:15 (en canto entren todos), se alguén precisa saír antes das 18:00 horas, persoal da ANPA abriralle a porta.