ANPA O Trisquel

CONCILIACIÓN SETEMBRO 2022

PROGRAMA “CÓXEGAS” DA FEDERACIÓN DE ANPAS

O programa de conciliación Cóxegas realizarase no mes de setembro baixo as seguintes condicións:

    Ofertarase o programa en función dos seguintes tramos de idade:

    Educación Infantil (4º, 5º e 6º curso)

    Educación Primaria (de 1º a 6º curso)

    O cociente mínima para a formación do grupo é de 10 escolares por cada tramo de idade.

    O horario do programa é de luns a venres de 16 a 18h, aínda que o horario de asistencia será elixido por cada participante no formulario de inscrición.

    Neste programa non se contempla a posibilidade de entrada ás 17h, aínda que si a saída (a condición de que así o indicou no devandito formulario).

    A cota do programa é de 15€/participante e os alumnos beneficiarios de bolsa comedor para o presente curso 2022-23 estarán exentos do pago da mesma.

    Todos os usuarios deberán abonar 4€ en concepto de seguro da actividade. Co abono de devandito seguro os escolares xa quedarán cubertos en todos os programas xestionados pola Federación no presente curso 22-23.

    A ligazón para a inscrición do devandito programa será www.fedapascoruna.org/inscripciones e estará activo a partir do 1 de setembro.

PROGRAMA CONCILIAXOGOS