Estimadas familias. Queremos lembrar que este venres podemos disfrutar da festa de entroido no noso colexio.
Lembrade que tedes a entrada no voso correo electrónico, revisade a carpeta de spam e se no primeiro correo non vedes o adxunto ainda se enviou unha segunda vez.
As entradas non e preciso que as imprimades xa que as podedes levar no móvil. Se alguén non consegue recuperala, simplemente comprobaremos na porta que sodes socios so ANPA.
Quixeramos facer tamén un chamamento para que os animedes como voluntarios para facer de Xurado no concurso de disfraces e caretas
Viva o Entroido e que os nenos e nenas disfruten!