CONVOCATORIA MUNICIPAL ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS NOS CENTROS CÍVICOS
CONVOCATORIA MUNICIPAL ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS NOS CENTROS CÍVICOS
PREINSCRICIÓN:13,14 e 15 de decembro
CONVOCATORIA MUNICIPAL ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS NOS CENTROS CÍVICOS
PREINSCRICIÓN:13,14 e 15 de decembro
Este xoves abre o prazo de inscrición nas actividades de conciliación familiar que acollerá o novo Iglú de María Pita, desde este sábado 3 e ata o día 31. Haberá obradoiros infantís e manualidades para os máis pequenos
O Concello da Coruña puxo en marcha este xoves a Casa dos Xoguetes, unha iniciativa que ten como principal obxectivo impulsar a economía circular e o consumo consciente e responsable, alongando o ciclo de vida dos recursos e incentivando a súa reutilización.
As instalacións da Casa dos Xoguetes, habilitadas na Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), na rúa Costa da Palloza, 8, estarán abertas para as persoas interesadas na doazón de xoguetes ata o vindeiro 5 de xaneiro, de luns a venres (de 10.00 a 19.00 horas) e os sábados (de 10.00 a 14.00 horas).
Obradoiros infantís no novo Iglú de María Pita
Este sábado 3 (de 17.00 a 21.00 horas) darán comezo as actividades para facilitar a conciliación familiar no novo Iglú de María Pita, con obradoiros ideados para os máis pequenos, que poderán aprender a crear adornos para a árbore de Nadal e decoración de bolsas de agasallo, así como coroas e instrumentos musicais propios destas datas festivas.
Prezadas familias. Con motivo da convocatoria de ideas para mellorar aspectos da nosa cidade e do noso entorno, dende o ANPA O Trisquel quixemos facer unha serie de propostas de investimento ao concello dentro dos orzamentos que se detinarán a cada Distrito da cidade no 2023.
Desde o 6 ao 18 de outubro podes realizar os teus apoios ás propostas de investimento que queiras que se leven a cabo. Podes seleccionar todas as que queiras no capítulo de cidade e todas as que prefiras dun máximo de tres distrito
Informamos da publicación da listaxe de persoas propostas definitivamente como beneficiarias das bolsas comedor e a puntuación Otorgada.
Xa están publicadas na web do Concello da Coruña as listaxes provisionais de concesións, denegacións e puntuación outorgada das bolsas comedor para o vindeiro curso escolar. A convocatoria 2022-2023 é a edición na que máis solicitudes se concederon: un total de 2759 das case 4000 que se solicitaron, un número que tamén foi o máis alto ata a data.
Bos días Envíanos esta nota o Concello da Coruña polo que publica as listaxes de requerimento de emenda da documentación nas solicitudes de convocatoria de concesión de bolsas municipais para o pago de comedores escolares durante o curso 2022/2023.
Infórmase da actividade Recuncho do xogo que vai ter lugar nos Centros Cívicos Municipais de Monelos e San Diego e nos demais Centros Cívicos durante a Semana Santa