LISTAXE PROVISIONAL BOLSA COMEDOR DO CONCELLO DA CORUÑA 2022/23

Xa están publicadas na web do Concello da Coruña as listaxes provisionais de concesións, denegacións e puntuación outorgada das bolsas comedor para o vindeiro curso escolar. A convocatoria 2022-2023 é a edición na que máis solicitudes se concederon: un total de 2759 das case 4000 que se solicitaron, un número que tamén foi o máis alto ata a data.

Alta na APP Colechef

Estimadas familias: A empresa ARUME comunicou que xa está operativa a APP Cole Chef para que poidades dar de alta aos alumnos/as nos servizos que ofrece: comedor, madrugadores, cambiadores e custodia mediodía para o vindeiro curso 2022-2023. Na pantalla inicial (nome do alumno/a), pinchades en “Mis gestiones – Contratación anual” …

CIRCULAR CURSO 2022/2023- Educación Infantil 3 anos

Prezadas familias, Poñémonos en contacto con vós para darvos a benvida e informarvos sobre a Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as desta escola, a ANPA O TRISQUEL, e os servizos que xestionamos. A ANPA xestiona os seguintes servizos: MADRUGADORES, COMEDOR, CAMBIADORES, CUSTODIA MEDIODÍA E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.