A CASA DOS XOGUETES

Este xoves abre o prazo de inscrición nas actividades de conciliación familiar que acollerá o novo Iglú de María Pita, desde este sábado 3 e ata o día 31. Haberá obradoiros infantís e manualidades para os máis pequenos

O Concello da Coruña puxo en marcha este xoves a Casa dos Xoguetes, unha iniciativa que ten como principal obxectivo impulsar a economía circular e o consumo consciente e responsable, alongando o ciclo de vida dos recursos e incentivando a súa reutilización.

As instalacións da Casa dos Xoguetes, habilitadas na Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), na rúa Costa da Palloza, 8, estarán abertas para as persoas interesadas na doazón de xoguetes ata o vindeiro 5 de xaneiro, de luns a venres (de 10.00 a 19.00 horas) e os sábados (de 10.00 a 14.00 horas).
Obradoiros infantís no novo Iglú de María Pita

Este sábado 3 (de 17.00 a 21.00 horas) darán comezo as actividades para facilitar a conciliación familiar no novo Iglú de María Pita, con obradoiros ideados para os máis pequenos, que poderán aprender a crear adornos para a árbore de Nadal e decoración de bolsas de agasallo, así como coroas e instrumentos musicais propios destas datas festivas.

V Xogos Escolares Curso 2017/2018

Torneos Deportivos Gratuitos Para comenzar en noviembre de 2017, el Ayuntamiento presenta la V Edición de los Juegos Escolares. Los Juegos Escolares son torneos deportivos dirigidos al alumnado desde 2º de Educación Primaria, estén o no apuntados a actividades extraescolares, de centros educativos de la ciudad, y tienen como objetivo …